martes, 5 de marzo de 2013

18/01/2009

Hoy toca echar una vista atrás. Acabo de ver esto y no me he podido contener. Ya hace 4 años... qué rápido pasa el tiempo!

Sporting Club San Mateo vs. Alondras.


Unha das teorías do fútbol quedou sin significado onte no campo de ‘O CRUCEIRO’. Dende sempre os afeccionados ao fútbol admiten que sen sorte non se gaña. O San Mateo gañou onte coa sorte aliada coas rivais. Ata catro tiros aos paos sen marcar gol. Encaixando un golazo nun contraataque e pensando todos que o partido se  perdía.
 
Pero as teorías do fútbol están para rompelas e en dous minutos, chegando o final do encontro, dous goles remontando e deixando claro que os partidos non rematan ata o pitido final.
 
O partido foi moi desputado desde o principio, con numerosas oportunidades para o San Mateo e con algunha oportunidade para o Alondras.
 
Así o Alondras dispuxo dunha boa oportunidade na primeira parte, que Uxía despexou o xusto para que o balón batera no longueiro.
 
As oportunidades para o San Mateo sucedíanse, pero sin acerto.
 
A segunda parte foi de acoso total do San Mateo na área rival. Varios córners, faltas cercanas, ata catro tiros aos paos, e cando parecía que o gol chegaría rápido, foi o Alondras, quen con tres pases convertiu un córner en contra nunha chegada á área defendida polo San Mateo cun golazo de vaselina ante a saída de Uxía.
 
A alegría duroulle pouco ao Alondras, xa que Anita, de gol olímpico (tocouno unha defensa cando xa se colaba) conseguiu a igualada, e na seguinte xogada foi Lorena a que regateou na frontal da área a dúas defensas encarando soa e batendo con clase á porteira do Alondras.
 
O Alondras faltoulle fondo físico para aguantar o ritmo do partido.
 

Este partido... este maldito/bendito partido... Fue uno de los primeros en los que jugué de mediocentro. Este día tuvimos mil ocasiones, bueno, la capi tuvo mil ocasiones y la maldita pelota no quería entrar... Fue un gran partido y recuerdo que no hice otra cosa más que animarla, decirle que la pelota iba a entrar, que tenía que entrar. Y así fue... marcar el 2-1, el gol de la victoria, no se lo merecía nadie más que ella. Creo que no voy a poder olvidar nunca aquel partido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario