sábado, 9 de febrero de 2013

Celta.

Escolle un que querer? Escolle un que lle guste o fútbol? Escolle un ser do Celta? Penso que non. Pero tampouco penso que sexa arbitrario senón que hai unha razón. Quizáis e que vives na cidade o "teu" equipo, quizáis que viviches anos bos dese clube, quizáis que na túa familia xa eran seguidores antes ca ti... No meu caso, non vivo en Vigo, aínda que si estou preto; cando era pequena o Celta estaba nunha boa racha, pero tamén as houbo malas; e na miña familia cada un é dun equipo, así que esa non pode ser a razón.
Non recordo cando comecei a sentir estas cores como as miñas, pero conta a miña nai que cando era cativa, 2 ou 3 anos, cada vez que na televisión estaba o Celta eu o único que facía era dicir Engonga, Engonga! Será que era negro ou que era o único que conseguía disinguir do resto polos cabelos carasterísticos que Vicente tiña, non sei. O que sei é que case desde que nacín sinto ao Celta coma se fose algo meu, algo que doe e algo que me fai feliz, moi feliz.
Non pretendo que ninguén me entenda. Que sentido tería? Pero son do Celta e non me avergoña dicilo.
Despois de moitos bos anos, chegou o descenso... e aí comezou a nosa penitencia. Nestes anos veuse quen eran celtistas 100% e quen eran os que so estaban porque estabamos en Champions. Din que non hai mal que por ben non veña, e a pesar dos pesares, o descenso veu ao Celta ben para limpar toda esa xente que dicía estar co equipo. Cinco anos despois conseguimos a desexadísima e merecidísima volta á Primeira, e voltamos outra vez a recibir "celtistas" ficticios que tan so se dedican a amar ao Celta cando gaña e a detestalo cando perde. Sei que non é sinxelo animar a un equipo que, aínda que xoga ben, non consegue resultados, que na casa da unha boísima imaxe para despois sendo visitantes, parecer outro equipo... ben sei que non o é. Pero sómolo Celta, somos poucos e temos que estar sempre unidos, temos que ser exactamente coma unha familia: rifar as veces, pero nos malos momentos estar xuntos e animar e axudar para que todo vaia mellor!
O Celta non se rende, e os celtistas moito menos. Non esquezades o noso hino: "ala Celta berramos, ala Celta campión ♫♪ !" Así que Ala Celta e non vos agochedes nin vos desanimedes, saídes á rúa coas vosas camisetas, coas bufandas, cos chándales... ide á Madroa aos adestramentos, defendede ao Celta á morte e nunca, nunca xamais deixedes de animar e de querelo como merece.

Ámote Celta ♥


No hay comentarios:

Publicar un comentario